
TAC
Overview
Continuación da serie Urxencia Cero. Losada tivo sorte de atoparse á beira do hospital cando lle deu o ataque, porque senón morrería. Tras ser intervido recupérase nun cuarto do Francisco Balmis como un paciente máis. Laura, que non chegou a marcharse a Mallorca, está ao seu lado, xa non como a súa noiva senón como a súa prometida. Todo pinta ben para a feliz parella pero pronto unha terceira persoa irrompe na súa relación: Fina, a nai de Losada. Ánxela e Sara están a coidar do seu pai, César, cuxa enfermidade (ELA) avanzou moito e necesita supervisión permanente. Ante esta situación as dúas irmás deciden contratar un coidador. O elixido é Gabriel, un mozo que traballa como limpador no hospital pero que ten formación de enfermeiro. No Francisco Balmis, Muíños e Xurxo atenden a Roi, unha nova promesa do fútbol galego, cuxo pai presiona para que lle dean a alta médica e poida acudir a un importante partido. En definitiva, un día máis no Francisco Balmis, se non fose porque, a altas horas da madrugada, Daniel Losada atopa algo no ascensor do hospital.
Cast
David Novas
Henrique Quiroga
Julia Gómez
Eva Muíños
Carlos Villarino
Daniel Losada
Ana Conca
Ánxela Souto
Nacho Castaño
Xurxo Prieto
Artur Trillo
Vito Ferreiro
Carolina Vázquez
Pili Garrido

Covadonga Berdiñas
Remedios Carballo
Salvador del Río
Adolfo Serantes
Paula Morrado
Laura Montes
Dani Trillo
Lois Ferreiro

María Mera
Vera Dávila
FlickList VIP
Recommended for you